CRTVG

Buscar

A vaga de calor no Canadá provocou a morte de ata 500 persoas

Publicado o 02/07/2021 21:18

As autoridades do Canadá investigan a morte repentina de ata 500 persoas desde que comezou a vaga de calor extrema que azouta este país. Nos últimos cinco días as temperaturas rexistraron marcas históricas de ata 50 graos no oeste do país norteamericano.

A vaga de calor podería estar tamén detrás de decenas de incendios que permanecen activos e que obrigaron á evacuación de distintos núcleos de poboación na Columbia Británica.

 

Noticias web

02/07/2021