CRTVG

Buscar

A vaga de calor deixou elevadas temperaturas nocturnas nas Rías Baixas

Publicado o 14/06/2021 14:28

Noites complicadas para o descanso estes días con temperaturas que non baixan nin de noite. Durmir estivo complicado. 

"Pouca cousa, a verdade, porque eu agora vivo en Lugo, entón chegamos onte, e nótase moito o cambio de temperatura, a verdade é que custou, sobre todo polo tema da humidade, non pegamos ollo, comenta un veciño de Vigo, mentres que outra di que "non se consegue durmir, vai moita calor, tanto de día coma de noite. Pero ben, estamos na época".

Non hai fórmulas máxicas, pero cada quen fai o que pode para durmir: "Ventilar todo o que se poida, temos un pequeno ventilador que poñemos no dormitorio, e así é como estamos levando a calor". É precisamente a praia é o lugar elixido maioritariamente para levar mellor a calor. De todos xeitos, tecnicamente non se pode falar de noites tropicais, porque para iso durante tres días as temperaturas non poden baixar dos vinte graos.

 

Noticias web

14/06/2021