CRTVG

Buscar

A vaga de calor deixa preto de cincocentos mortos no Canadá

Publicado o 06/07/2021 09:02
A vaga de calor deixa preto de cincocentos mortos no Canadá

A vaga de calor que golpea o Canadá deixa xa preto de cincocentas persoas mortas. A zona máis castigada é a Columbia Británica, no oeste do país, onde se superaron os 49 graos. As autoridades investigan se ese medio milleiro de mortes están relacionadas directamente con esta vaga de calor nunca vista. A situación vese agravada ademais por máis dun cento de incendios provocados por este fenómeno inusual que os expertos denominan "cúpula de calor". 

Noticias web

06/07/2021