CRTVG

Buscar

A vacinación sen cita trasládase aos sete campus universitarios galegos

Publicado o 13/09/2021 14:19

Os que acoden voluntarios a vacinarse sen cita teñen que pasar antes por un punto administrativo, entregar algún tipo de identificación e esperar uns segundos para que lles xeren un código QR. É a principal, por non dicir a única, diferenza cos que se vacinaron nos chamamentos oficiais. Despois, a picada que non recibiran no seu momento.

Un caso moi frecuente é o de persoas aos que o primeiro chamamento colleu coa covid, en corentena ou de vacacións.

Tamén hai mozos que chegan a estudar a Galicia desde outras comunidades sen vacinar ou persoas estranxeiras pero residentes en España.

Un dispositivo de vacinación para todos os maiores de doce anos, sen cita, que está aberto nos sete campus galegos. Neste de Ourense, fronte ao edificio de Ferro, rexistrouse unha afluencia continua durante a mañá.

Tamén hoxe e mañá é xornada para as segundas doses dos escolares que empezarán as clases a partir do mércores coa pauta completa.


 

Noticias web

13/09/2021