CRTVG

Buscar

A vacinación entre os mozos de 20 a 29 anos dá un salto cara adiante nos últimos días

Publicado o 31/07/2021 21:08

A vacinación entre a mocidade avanza notablemente nos últimos días. Canarias sitúase, con datos este sábado, á cabeza na franxa dos 20 aos 29 anos, cun 57% de mozos cunha dose inoculada como mínimo, seguida de Madrid e Castela-A Mancha a escasa distancia. Polo que respecta á pauta completa, o primeiro lugar é para as Baleares cun 27,5% e a continuación figuran Aragón e Cataluña nese segmento de idade.

Canto aos menores de 20, hai comunidades que xa aceleran o proceso de vacinación. Un caso excepcional é o de Canarias, que desde esta semana administra doses a partir dos 14 anos. "Dixenlle: veña, érguete da cama que hai que poñela", di unha rapariga a carón doutra. "Temos esa oportunidade de vacinarnos e de facer a nosa vida tamén", é o comentario doutra. "Hai que apelar á responsabilidade", proclama outro rapaz.

As estratexias difiren en función das autonomías. En Andalucía vacinan a partir dos 16 anos desde onte en espazos compartidos con outras franxas de idade. Estas eran algunhas das opinións: "Teño 18 anos e vacínome porque quero os meus avós, por estar seguro e agora vén o verán e hai que saír". "Fai falta que nos vacinemos xa o antes posible todo o mundo, a verdade".

As Baleres e o País Vasco foron pioneiras na vacinación entre 16 anos e 19 e estas dúas comunidades están a preparar xa as citas para os adolescentes de entre 12 e 15.

Noticias web

31/07/2021