CRTVG

Buscar

A vacinación en Madrid convértese en referente do debate na precampaña do 4-M

Publicado o 03/04/2021 14:51

O candidato socialista, Ángel Gabilondo, recibiu hoxe o apoio explícito de Salvador Illa nesta precampaña. Gabilondo criticou o modelo santario do goberno de Ayuso e a súa estratexia de vacinación, con miles de persoas, dixo, facendo cola durante horas no Wanda Metropolitano.

Incidiu en que a cidadanía madrileña está ante un dilema: "Ou a democracia ou o medo, ou a esperanza ou a confrontacion, e trátase de elixir: ou un goberno en serio para gobernar en serio ou o goberno da praza de Colón".

A secretaria xeral do PP de Madrid, Ana Camíns, pediu o cesamento do ministro Grande-Marlaska e dixo que o PSOE está a "embarrar" a precampaña. Asegurou que se difunden bulos sobre a vacinación en Madrid e que o ritmo da mesma é superior ao das maioría das comunidades socialistas

"Batemos récords de vacinación durante estes días festivos. Sesenta mil persoas foron vacinadas, que é o dobre, por certo, do que está vacinando estes días festivos Cataluña e de paso que o señor Gabilondo saiba que 8 de cada 9 comunidades gobernadas pola esquerda están por debaixo da media da comunidade de Madrid", declarou Ana Camíns.

Desde Mas Madrid. Mónca García cualificou como "abafantes" as imaxes destes días da vacinación madrileña. Ademais, apostou por unha fiscalidade en clave ecolóxica e pola semana laboral de 32 horas.

Noticias web

03/04/2021