CRTVG

Buscar

A vacinación en Galicia, un reto organizativo e loxístico

Publicado o 21/07/2021 15:55

O Servizo de Saúde Pública é un dos núcleos do control da pandemia en Galicia. Dende aquí organízanse as quendas de vacinacións de todos os recintos da comunidade. Raquel Zubizarreta, Subdirectora xeral de Epidemioloxía explica que hai unhas bases de datos por diferentes idades e que cada día "se organiza prevendo a dispoñibilidade de dose de vacinas". "Cada día distribúense as doses aos puntos de vacinación e as sobrantes recóllense para que non se desperdicie ningunha vacina", engade.

Un programa informático rexistra e arquiva os datos vacinais de cada persoa. Zubizarreta, asegura que "cada vacina que se administra nesta comunidade autónoma está rexistrado cun sistema no que queda gardado o nome, os apelidos, a marca da vacina, o lote e o grupo de risco ao que pertence e a idade". 

Coas vacinas distribuídas por áreas sanitarias, chega o momento de pautar as citas en función do grupo de idade. Unha aplicación informática creada especialmente para isto encárgase de facelo. Ricardo López, xefe de Servizo de Sistemas de Información da Consellería de Sanidade indica que o sistema de planificación, en base á configuración de quendas de traballo e o número de candidatos que hai que convocar, vai xerando citas a cada persoa no recinto que lle corresponde. 

O último paso é informar a cada persoa do día e da hora en que pode vacinarse.

Noticias web

21/07/2021