CRTVG

Buscar

A vacinación dos que teñan entre 50 e 55 anos comezará pola letra H

Publicado o 05/03/2021 11:23
A vacinación dos que teñan entre 50 e 55 anos comezará pola letra H

Os galegos que teñan entre 50 e 55 anos, o 9,2 % da poboación, poderán ser chamados para a vacinación a próxima semana, nunca antes do luns ou martes, cando o comité clínico tomará a decisión organizativa tras analizar a chegada de dose prevista.

A vacinación neste grupo de idade empezará como a dos maiores de 80, pola letra H. Neste tramo inclúense tamén aos que fan 50 anos ao longo do 2021.

Cara a finais de semana está previsto a repartición de 30.000 doses de AstraZeneca, e se é así Sanidade tomará a decisión de iniciar a inmunización dese tramo de idade, atendendo ás recomendacións que fixan os 55 anos como límite testado para o uso dese fármaco.