CRTVG

Buscar

A vacinación dos grupos de risco en Europa, o primeiro paso cara á volta á normalidade

Publicado o 27/12/2020 13:00

En Europa xa comezaron a administrar as doses de vacinas aos grupos escollidos. En Italia, o país máis afectado pola pandemia no continente, empezaron polos traballadores dun hospital de Florencia.
Na República Checa o primeiro en recibir a vacina foi o primeiro ministro, Andrej Babis, que quixo dar exemplo á poboación e demostrar que non hai risco.
Tamén en Suecia, o país que optara por unha estratexia diferente apostando por chegar á inmunidade de rabaño, tiveron que cambiar de táctica. As primeira doses da vacina destináronse ás residencias de maiores.
En resumo, a vacinación dos grupos riscos botou a andar por toda Europa, o primeiro paso cara á volta á normalidade.

Noticias web

27/12/2020