CRTVG

Buscar

A vacinación de 2.000 persoas de entre 50 e 55 anos avanza a bo ritmo en Santiago

Publicado o 13/03/2021 16:32

 A xornada de vacinación avanza a bo ritmo en Santiago, con case 300 vacinados cada hora nesta Cidade da Cultura. A pesar dos receos que espertou nos últimos días a vacina de AstraZeneca, o certo é que a participación está sendo boa segundo o Sergas.
Cada dous minutos dez persoas reciben a primeira dose da vacina contra o cornavirus nesta ampla sala de enfermeria habilitada na Cidade da Cultura.
"A participación está sendo moi boa. Están convocadas para todo o día 2.000 persoas de entre 50 e 55 anos. Todo o mundo que acode decidido a vacinarse, por suposto. Desde decembro que empezamos con todas as vacinas, con AstraZeneca, que empezamos hai mes e medio non detectamos ningún efecto grave", di Susana Mirás, enfermeira encargada da coordinación da vacinación na área de Santiago e Barbanza.
Dez equipos de vacinación, persaoal de administración e de apoio traballan para que esta xornada se desenvolva de forma áxil e sen demoras.
"Tiven que rexistrarme co código QR e xa me vacinaron. Espera ningunha e da picada non me decatei" "Vin vacinarme por min e por todos. Hai que vacinarse", din dúas mulleres.
A infraestrura tecnolóxica disposta permitiría multiplicar o número de persoas inmunizadas por día.
 Estimamos que permitiría vacinar 9.000 persoas ao día", di Enrique Paseiro, subdirector de Tecnoloxía da Información da área de Santiago e Barbanza
Mentres no hospital Clinico de Santiago distintos colectivos do personal sanitario reciben a segunda dose da de Moderna.

Noticias web

13/03/2021