CRTVG

Buscar

A primeira dose para os que pasaron a covid e repesca nun domingo de máis vacinas

Publicado o 05/09/2021 13:16

3.600 doses de Moderna se destinaron á vacinación na área sanitaria de Ourense. Boa parte delas administradas a persoas que pasaron a covid e tiveron que agardar os seis meses que recomendaban as autoridades sanitarias para poñer a primeira dose. Eran, sobre todo, persoas de idade avanzada e que recibirán a segunda dose dentro de 28 días.

"Nós pasamos o virus pero non nos afectou. Agora, xa vacinados e encantados."

"Parecía que nos chamaban algo menos pero por fin xa estamos."

"Eu estou a favor das vacinas, claro que si."

Tamén se vacinaron este domingo aqueles individuos que non puideron acudir no seu momento ás citas para as que foran convocados no calendario de vacinación.

"Son persoas que xa pasaron o virus ou que non puideron vir antes."

Na Coruña tamén se convocaron algo máis de 8.000 persoas esta mañá para esa primeira dose de Moderna. As condicións dos vacinados eran as mesmas que as aplicadas en Ourense.

"Eu tiven que esperar porque pasei o virus xa hai tempo."

"Estamos coas repescas de xente que non puido poñer a dose cando lle tocaba."

En Ferrol e Pontevedra tamén estaban convocadas arredor de 4.000 persoas para recibir a primeira dose da vacina.

Noticias web

05/09/2021