CRTVG

Buscar

A vacina de Novavax, que se fabrica no Porriño, ten unha eficacia do 96,4 %

Publicado o 12/03/2021 17:30
A vacina de Novavax, que se fabrica no Porriño, ten unha eficacia do 96,4 %

Hoxe coñecemos a eficacia da vacina de Novavax.Esta vacina de Novavax é a que se fabrica nos laboratorios do grupo Zendal no Porriño e ten unha eficiacia fronte á covid do 96 %, superando as de Pfizer, Moderna e AstraZeneca. E para a variante británica a vacina de Novavax ten unha eficacia do 86 %.

Con todo, a análise completa do seu ensaio de fase 2b que se está levando a cabo en Sudáfrica evidenciou unha eficacia do 55,4 por cento. En calquera caso, a vacina demostrou unha protección do 100 por cen contra a enfermidade grave, incluídas a hospitalización e a morte.

"Estamos moi animados polos datos que mostran que non só proporciona unha protección completa contra as formas máis graves da enfermidade, senón que tamén reduciu drasticamente a enfermidade leve e moderada en ambos os ensaios. É importante destacar que os estudos confirmaron a eficacia contra as novas variantes", comentou o presidente e director xeral de Novavax, Stanley C. Erck.

Noticias web

12/03/2021