CRTVG

Buscar

A vacina de Moderna é efectiva contra as variantes do Reino Unido e Suráfrica

Publicado o 25/01/2021 23:20
A vacina de Moderna é efectiva contra as variantes do Reino Unido e Suráfrica

Moderna di que a súa vacina anticoronavirus é efectiva contra as variantes de Reino Unido e Suráfrica. A compañía estadounidense asegúrao despois de realizar unha proba de laboratorio.

Con todo, tamén di que traballarán para desenvolver unha dose adicional e aumentar aínda máis a protección contra estas variantes.

Mentres, a Union Europea empraza as farmacéuticas a cumprir cos contratos asinados sobre a subministración de vacinas, pide transparencia nos motivos dos atrasos, e non desbota emprender accións legais. 

Noticias web

25/01/2021