A vacina da tuberculose, eficaz contra a diabetes tipo 1
A vacina BCG contra a tuberculose foi desenvolvida hai máis dun século e é a máis utilizada da historia, segundo a Organización Mundial da Saúde. Pero os seus beneficios van, probablemente, moito máis aló da profilaxe fronte a esta enfermidade. As investigacións lideradas por Denise Faustmann nos Estados Unidos rebelan que este fármaco podería curar a diabetes tipo 1.
"Agora sabemos que esta vacina, en múltiples ensaios clínicos, demostra que ten a capacidade de reducir os niveis de azucre en sangue a valores normais", explica a directora do Laboratorio de Inmunoloxía do Hospital de Massachusetts.
Tras varios ensaios clínicos, a vacina aplicada en dúas doses a pacientes diabéticos mantén á raia os valores de azucre durante anos. Esta científica explicaba hoxe no Hospital Clínico de Santiago que o seguinte paso é ampliar os ensaios a nenos e a un maior número de adultos. Outros estudos, en que participa o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago, demostran outras potencialidades desta vella vacina.
Este vello fármaco, que xa foi utilizado masivamente, está a ser redescuberto, é seguro, económico e quizais teña aínda máis aplicacións... o que demostra beneficios inesperados".
Deste e doutros reposicionamentos de fármacos falarase mañá en Santiago no décimo obradoiro Típico de Infectoloxía.