CRTVG

Buscar

A vacina da covid poderase poñer canda a da gripe e as de outras enfermidades

Publicado o 18/10/2021 20:29
A vacina da covid poderase poñer canda a da gripe e as de outras enfermidades

Novidades na última actualización da estratexia de vacinación publicada polo Ministerio de Sanidade. A vacina da covid poderase administrar xunto coa da gripe e as de outras enfermidades, pero en diferentes partes do corpo.

E os que se contaxien da covid e só tiñan posta unha dose só terán que esperar entre 4 e 8 semanas para completar a pauta.

Ademais, os centros de vacinación internacional poderán administrar a vacina da covid independentemente do motivo da viaxe, a súa duración ou da incidencia no país de destino.

Noticias web

18/10/2021