CRTVG

Buscar

A vacina da covid, poden obrigar a poñela? Liberdade persoal ou interese xeral?

Publicado o 17/11/2020 15:07

Os anuncios das farmacéuticas fannos case tocar un futuro con vacinas para a covid-19 pero, polo pouco que se sabe aínda sobre elas, hai debate na rúa: poñeriamos a vacina cando chegue ou non?

"Uns terán medo, outros preguntaranse se será efectiva", di un transeúnte; outro engade que "ese será o dilema", e pregúntase se por lei poderán obrigar á vacinación. Parece que non. O dereito á integridade física é un dereito fundamental, e prevalecería sobre a normativa de saúde pública en vigor.

"O teu corpo está protexido nun dereito fundamental, e o dereito á integridade física é superior ao dereito á saúde pública", explica a avogada Ana Camiño. 

Nunha situación excepcional coma esta, o interese xeral podería reequilibrar as forzas destes dereitos, pero insiste: para obrigar á vacinación habería que reformar a lei. E tería que ser unha modificación "con limitacións razonadas, proporcionadas e xustificadas", para poder "limitar ese dereito fundamental", di Camiño. 

Dende o punto de vista ético, tampouco hai apoio á vacina obrigatoria. Así o cre o experto en bioética José Ramón Amor, que di que os cidadáns "somos adultos" e temos unha conciencia moral "baseada en criterios, en normas e en valores". Así que propoñer unha vacinación obrigatoria sería "unha devaluación" desa conciencia individual. Di ademais que, en termos de eficacia, funcionará mellor a concienciación que a imposición da vacina.

Noticias web

17/11/2020