CRTVG

Buscar

A vacina contra a covid-19 do Reino Unido require unha segunda dose ao cabo de tres semanas

Publicado o 13/12/2020 20:44

A campaña de vacinación masiva que empezou esta semana no Reino Unido ten como grupo prioritario as persoas maiores, e, de seguido, os sanitarios e o resto da poboación que se queira inmunizar contra o coronavirus. Fernando Torrecilla, un enfermeiro de Toledo que traballa na sanidade británica, foi dos primeiros en apuntarse, a pesar de que o proceso é voluntario e de que el xa pasou a enfermidade en abril.  "Eu confío plenamente e vacineime. Quen non se queira vacinar de momento, ninguén te vai forzar". 

De momento, di que a vacina non o libra de seguir coas medidas preventivas habituais. "Tes que seguir coa tua vida normal, levando máscara e todas as medidas de seguridade". Porque, aínda que coa fórmula lograda polo consorcio Pfizer-Biontech a inmunidade ao virus actívase tras a primera dose, o efecto completo da vacina non se logra ata despois de poñer a segunda. E resulta fundamental que iso se faga nun prazo moi preciso. "Entre 21 e 28 días despois", recalca Fernando. 

Se as cousas van como se viu na fase de investigación, sete días despois desa segunda dose todos os que se vacinen nesta campaña estarían inmunizados contra o coronavirus cunha eficacia do 95%.

Noticias web

13/12/2020