A vacina chinesa Sinovac ten unha efectividade do 97%
Publicado o 08/12/2020 15:35

A vacina da biofarmacéutica chinesa Sinovac ten unha eficacia de ata o 97 %, segundo os resultados preliminares dados a coñecer hoxe.
A vacina está xa na fase 3 de probas clínicas, aínda que na China xa se lles comezou a administrar a algúns grupos como sanitarios, diplomáticos ou estudantes que prevén viaxar ao estranxeiro.
Sinovac calcula que para finais de ano estará en disposición de producir ata 600 millóns de doses.