CRTVG

Buscar

A vacina alemá CureVac amosa unha efectividade do 48 %

Publicado o 01/07/2021 08:21
A vacina alemá CureVac amosa unha efectividade do 48 %

A empresa biofarmacéutica alemá CureVac demostrou que a súa vacina contra a COVID−19 ten unha efectividade do 48 %. Ese é o resultado dun estudo que a firma realizou en dez países. Esta fiofarmacéutica salienta que as probas se efectuaron nunha circunstancia novidosa, con quince cepas do virus en circulación no momento das análises. CureVac asegura que o seu preparado é efectivo nun 48 por cento contra a enfermidade covid−19 de calquera gravidade. Esa vacina baséase no ARN mensaxeiro, tamén empregado nas vacinas de Moderna e Pfizer-BioNtech.

Noticias web

01/07/2021