CRTVG

Buscar

A universidade de Bos Aires celebra 200 anos sendo un referente do ensino público en Iberoamérica

Publicado o 13/08/2021 20:22

Con máis de 320.000 alumnos e 103 carreiras de grao, a Universidade de Bos Aires é o centro de estudos máis importante da Arxentina. Unha institución que cumpliu 200 anos cun acto central na súa Facultade de Dereito.

Co lema "200 anos formando futuro", a UBA honrou o seu bicentenario de existencia, un tempo no que tivo un papel clave na historia da Arxentina. Alberto Barbieri, reitor da Universidade de Bos Aires di que "cas súas luces e as súas sombras, fomos mancomunadamente camiñando coa historia do noso pobo".

No seu acto central, a UBA deu un recoñecemento a 200 graduados e docentes da universidade, entre eles o actual presidente, Alberto Fernández, quen recordou un dos aspectos fundamentais do sistema universitario arxentino: a gratuidade no acceso. O presidente da Arxentina dixo no acto que "pensar na educación como un servizo público dado polo Estado é algo que nos fixo especiais en América Latina antes que en ningún outro continente".

No último ranking QS, a UBA posicionouse como a primeira universidade de fala hispana do mundo.


 

Noticias web

13/08/2021