A Universidade da Coruña reabre as aulas de estudo
A nova normalidade chega a un dos lugares máis frecuentados polos estudiantes nestas datas de final de curso.
"Estabamos agardando que abrisen".
"Estamos opositando e vennos moi ben que abra a biblioteca".
"Que poida estar nun bar e non vir estudar é un pouco anecdótico".
Este primeiro día non se chegaron a cubrir os postos, pero a previsión é que a afluencia vaia en aumento. Hai límite de acollida. A Universidade acondicionou as aulas de estudo para garantir as normas de distanciamento delimitando os postos dispoñibles en cada un dos centros.
"Baixamos a ocupación para non esixir a máscara, que é incómoda para estudar".
Estes espazos de estudo tamén están habilitados para a realización de exames en liña para os alumnos que o soliciten a través dunha cita previa. Esta posibilidade está aberta tanto para a propia Universidade da Coruña coma de calquera outra coa que haxa acordo de colaboración.