CRTVG

Buscar

A Unión Europea pide endurecer as medidas contra a covid-19

Publicado o 24/09/2020 15:07

Dende Bruxelas acaban de pedir a todos os países da Unión que endurezan as medidas para frear a segunda vaga. Advirten: sen non se actúa rápido, podemos volver á situación de marzo. 

Alarma moi importante, por exemplo, da comisaria de Saúde Stella Kyriakides, que pide actuar de xeito inmediato porque estamos, quizais, ante a última oportunidade para evitar situacións como as da primavera. 

Ademais, o Centro Europeo de Control e Prevención de enfermidades, tamén advirte a todas as autoridades sanitarias que a actuación debe ser inmediata e específica. E din que os grupos de risco máis vulnerables están a vivir unha situación crecente de risco e que se vive un aumento preocupante de todos os contaxios en Europa.

 

 

Noticias web

24/09/2020