A Unidas Podemos, PNV e os nacionalistas vascos e cataláns non lles gustou
Discrepan os socios de Goberno do PSOE. Para Unidas Podemos, que cualifica a mensaxe de propaganda e aposta por un horizonte republicano.
Carlos Mayoral, de Unidas Podemos cre que "desgraciadamente non se contestaron as preguntas fundamentais que estaban pendentes para o conxunto da sociedade española e cremos que a única posibilidade é a saída a través du horizonte republicano"
Laura Vilagrá. ERC di que "as palabras do monarca significan que continúa o compromiso coa represión. Por iso Cataluña é cada día máis republicana"
E no PNV, Aitor Esteban considera que "os discursos do rei son feitos a troquel e con xeneralidades vagas. Cando houbo necesidade de que concretara, de que se mollara, de que dixera o que pensaba en temas que fectaban moi directamente a el, non o fixo"