CRTVG

Buscar

A unidade de riscos ambientais da UME recolle mostras ao pé das coadas

Publicado o 10/10/2021 12:53

Entre os centos de profesionais e de voluntariado que se desprazaron á illa da Palma destaca o equipo de riscos ambientais da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Membros do grupo de intervención tecnolóxica e medioambiental acompañan o persoal técnico na recollida de mostras e o seu labor é fundamental para controlar a toxicidade dos gases que emanan do volcán.

Apenas tres días despois de comezar a erupción, xa estaban tomando mostras. É unhas das unidades que máis se achega ás coadas de lava, por iso utilizan un equipo de protección resistente ás temperaturas altas . 

Contan tamén coa axuda dun vehículo especial de recoñecemento nuclear, biolóxico, radiolóxico e químico que pode detectar nubes químicas a unha distancia de cinco quilómetros e monitorizar o seu movemento.

Son 137 militares, dos 3.500 que ten a UME. Esta unidade tamén actuou nos primeiros meses da pandemia desinfectando lugares estratéxicos e trasladando doentes e persoas falecidas.

Noticias web

10/10/2021