CRTVG

Buscar

A única inquilina legal dun edificio da Coruña leva 16 meses vivindo con preocupación

Publicado o 29/09/2021 14:38

Lourdes, de 76 anos, é a única inquilina legal dun edificio coruñés tomado polos ocupantes ilegais e di que está a vivir un auténtico calvario. Con ela vive tamén a súa filla. As dúas aturan cada día ruídos, gritos, pelexas e as idas e vidas de moitas persoas que veñen supostamente mercar droga no piso ocupado. 

Di sentir medo, ela e a súa filla, e prefire non deixar nunca baleira a vivenda para que non sexa ocupada. Lourdes non quere saír da que foi a súa casa dende hai moitos anos, pero xa ten case todo en caixas para marchar a outra vivenda e deixar atrás todos estes problemas. Di que para axudala ten un avogado, pero tamén está a recibir apoio dende o Valedor do Pobo, que esta mesma mañá se interesou polo seu caso. 

Noticias web

29/09/2021