CRTVG

Buscar

Os peregrinos apuran os últimos treitos do Camiño para chegar o 25 a Santiago

Publicado o 17/07/2021 19:51

Ano santo e atopar un peregrino é complicado. A pandemia puido máis que o poder de convocatoria do Camiño e pese a que só falta unha semana para a festividade de Santiago a imaxe da ruta non é a doutros anos.

A primeira hora, cando o sol aínda non é un inconveniente, pódense contar cos dedos dunha man os peregrinos que cobren o último treito antes de chegar ao albergue para descansar.

Chegar o domingo a Santiago é un aliciente para moitos, pero o importante é facer o Camiño.

Unha cita con Santiago que este ano vén marcada pola pandemia.

Noticias web

17/07/2021