CRTVG

Buscar

A UME permanecerá na illa da Palma o tempo que sexa preciso

Publicado o 09/10/2021 20:47

Este domingo á tarde cumpriranse tres semanas de erupción. A Unidade Militar de emerxencias segue coa moral alta e disposta a permanecer na illa da Palma o tempo que sexa preciso.

"Nós pola nosa parte, a parte militar levámola ben, seguimos coa moral alta, temos remudas que nos veñen semanalmente da base area de Morón, seguimos traballando moi orgullosos de poder axudar a poboación e o feito de ver a poboación que sufriu e que segue sufrindo, ao ver que perderon todo, dános máis forza para estar á súa beira intentando resolver esta emerxencia", asegura o tenente José Alberto Gallego, que forma parte do batallón con base en Morón de la Frontera.

Lembran que un volcán é moi imprevisible. Agora están ocupados na medición da calidade do aire, que nas últimas horas pasou de regular e moderadamente bo. "Agora que a coada está encarreirada a preocupación é que non haxa que evacuar novas poboacións por efecto da calidade do aire, que de momento se mantén dentro dos niveis e non hai problema", engade.

Ademais, a UME está a controlar a evolución das coadas de lava e axudan o persoal experto que estuda o volcán sobre o terreo.

Noticias web

09/10/2021