CRTVG

Buscar

A UME chega a Galicia para reforzar a loita contra o lume

Publicado o 03/08/2021 18:51

20 militares e 8 vehículos da Unidade Militar de Emerxencias estarán en Galicia, na base de Figueirido, ata o 30 de setembro, reforzando a loita contra os incendios forestariais.

O Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias da UME está despregado en Pontevedra con operatividade as 24 horas do día en toda Galicia, con remudas. En menos de catro horas, os efectivos da BIEM V poden estar apoiando e reforzando os efectivos que loiten contra o lume na comunidade galega e prestar axuda á poboación civil.






 

Noticias web

03/08/2021