CRTVG

Buscar

A última xornada da primeira fase da 2.ª B xógase na TVG

Publicado o 25/03/2021 22:22

Son tres partidos con moito en xogo e pouca marxe para as suspicacias. O Celta B é o único que depende de si mesmo para quedar no grupo dos que optarán a ascender á Segunda. No campo do Coruxo, a presión e os nervios van ser para os celestes.

Un posible triple empate a 29 puntos entre Deportivo, Racing e Unionistas metería os coruñeses entre os tres primeiros e deixaría fóra os ferroláns, aínda gañando o seu partido en Salamanca. Curioso e algo revirado.

Non hai dilema. Todos teñen necesidade, pero uns máis que outros. O Zamora tamén quere os puntos de Riazor, pero xa ten asegurada a primeira praza.

Que os puntos se arrastren á seguinte fase favorece a limpeza desta última xornada.

O Compostela recibe o Salamanca cos deberes feitos e coa opción remota de ser terceiro se fallan os tres galegos.


 

Noticias web

25/03/2021