CRTVG

Buscar

A última semana de mercado promete ser intensa na Sede do Celta

Publicado o 26/01/2021 15:03

Mentres o celtismo devece polo retorno de seu santo redentor, o club anda as leas nos despachos para completar o resto da orquestra.

É o caso de Lucas Olaza, por quen o Celta non quere pagar máis que dous millóns de euros. É a metade do prezo que tiña pacatado con Boca Juniors para recibir o traspaso do uruguaio. Ese pago habería que facelo efectivo se Olaza xoga a metade máis un dos encontros de Liga. O lateral leva 18 disputados. Se xoga 20, o Celta tería que pagar os catro millóns. Se non hai arranxo, é moi posible que Olaza quede en Vigo e só xogue un partido máis ata o final da temporada. Polo medio meteuse o Valladolid, interesado tamén en Olaza. E se o charrúa non sae, non pode vir o outro desexo de Coudet.

Franco Cervi, extremo esquerdo, rosarino de 26 anos, agora no Benfica, ocuparía praza de extracomunitario. O Celta tería todo pactado co club portugués para facerse cos servizos do arxentino. Catro millóns fixos máis outros tantos variables. En punto morto está tamén a posible saída de Jorge Sáenz e David Costas. Os xogadores non aceptan as condicións que se ofrece o club. E cada vez queda menos tempo para o peche do mercado.

Noticias web

26/01/2021