CRTVG

Buscar

A UEFA perdoa os 'arrepentidos' da Superliga, pero envía aos seus órganos disciplinarios a Madrid, Barça e Juve

Publicado o 07/05/2021 21:53
A UEFA perdoa os 'arrepentidos' da Superliga, pero envía aos seus órganos disciplinarios a Madrid, Barça e Juve

A UEFA, erixida en sacerdote que aplica o catecismo, acaba de impoñer penitencia para os clubes participantes no fallido proxecto da Superliga
Aos nove clubes arrepentidos, é dicir, os seis ingleses, ademais do Milan, o Inter e o Atlético de Madrid, aplícalles medidas que chama de reintegración. Son perdonados porque recoñecen que o proxecto foi un erro e reafímanse no compromiso coa UEFA e as súas competicións. Ademais pedrion perdón aos afeccionados e aos organismos. Como aceno de boa vontade, doarán en conxunto 15 millóns á beneficiencia. Pero para os tres díscolos, Real Madrid, Barcelona e Juventus, a Uefa advirte que os enviará aos comités de disciplina.