CRTVG

Buscar

A UEFA ameaza con excluír de Mundiais e Eurocopa os xogadores dos equipos da Superliga

Publicado o 19/04/2021 21:37

Agás os directamente implicados, a inciativa suscitou as reaccións en contra de todo o estamento do fútbol europeo. A Liga española acusa de egoísmo os clubes da Superliga. Os clubs alemáns rexeitan proposta. A UEFA, reunida hoxe, amosou a súa oposición frontal. Con advertencias moi severas. Un membro executivo da UEFA pide que sexan xa expulsados de semifinais de Champións o Real Madrid, o Chelsea e o Manchester City. E o presidente Alexander Ceferin fala dunha grave afronta ao afeccionado e mesmo ameaza con impedirlles aos futbolistas da Superliga que xoguen coas súas seleccións.

A bomba da Superliga estalou xusto cando a UEFA prepara unha nova versión da Liga de Campións. O formato aplicarase nas tempadas de 2024 a 2027. Poderán participar 36 equipos. Non haberá grupos na fase previa, xa que todos xogarán unha liga. Dez partidos cada equipo, cinco na casa e cinco fóra. Os oito primeiros pasan directamente a oitavos, o resto sae dunha eliminatoria entre o noveno e o vixésimo cuarto. Haberá Champions martes, mércores e incluso algún xoves.

Noticias web

19/04/2021