CRTVG

Buscar

A UEFA deixa en suspenso o expediente aberto contra Madrid, Barça e Juve pola Superliga

Publicado o 09/06/2021 20:20

A Uefa recúa e deixa en suspenso o expediente que lle abriu a Real Madrid, Barcelona e Juventus polo proxecto da Superliga. A decisión do organismo que preside Aleksander Ceferin, obedece á acción dun xulgado do Mercantil de Madrid, que no seu día lle prohibiu á UEFA adoptar calquera medida contra os clubs da Superliga. O xulgado deu traslado dos feitos ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que conmina a UEFA a parar a sanción ata que se resolva a cuestión prexudicial. Por outra banda, os seis equipos ingleses que participaron na fundación da Superliga aceptan pagar unha sanción conxunta de 31 millóns de euros que lles impón a Premier.

Noticias web

09/06/2021