A Unión Europea tenta blindarse para frear a expansión da variante delta
Publicado o 24/06/2021 14:57
A expansión da variante Delta preocupa, e moito, en Europa. A situación no Reino Unido fixo saltar as alarmas.
Nove de cada dez contaxios no Reino Unido débense a esta variante, e a previsión do Centro Europeo de Control de Enfermidades é que esa vai ser tamén a situación no resto de Europa contra finais de agosto.
Así, o debate está precisamente en como evitar chegar aí. Por unha banda, instan a acelerar a vacinación e que as segundas doses se administren no intervalo mínimo fixado, porque só a pauta completa protexe da infección con esta variante. E mentres, barállanse medidas para conter a súa expansión: por exemplo, Alemaña xa pide corentena para os viaxeiros británicos.