CRTVG

Buscar

A UE recibirá 600 millóns de doses máis de vacinas contra a covid

Publicado o 17/02/2021 15:26

Europa vai recibir máis doses de vacinas contra a covid das previstas. Van ser 600 millóns máis, 300 millóns delas sairán dese segundo contrato con Pfizer e con BiONtech anunciado en xaneiro e que esta mesma tarde se vai asinar na sede da Comisión Europea.

Esas vacinas comezaranse a entregar xa no segundo trimestre do ano e a outra metade, eses 300 millóns, son dun segundo contrato anunciado este mediodía pola propia Comisión Europea coa farmacéutica Moderna, un tratamento que xa se distribúe por toda a Unión Europea. Eses 300 millóns de doses entregaranse entre este 2021 e o vindeiro 2022.

A campaña de vacinación no continente, segundo os datos de hoxe anunciados pola Comisión Europea, reflicten que hai 33 millóns de vacinas entregadas en todo o continente, 22 millóns de persoas que xa recibiron a primeira dose das que 7 millóns xa teñen tamén a segunda.

Noticias web

17/02/2021