A UE recibirá 300 millóns de doses máis da vacina de Moderna
Publicado o 17/02/2021 17:42
A Comisión Europea aprobou hoxe un acordo coa farmacéutica estadounidense Moderna para mercar 300 millóns de doses máis da súa vacina, que se sumarán aos 160 millóns que xa se acordaron o pasado ano. E precisamente este anuncio con Moderna chega o mesmo día en que outras dúas farmacéuticas, Pfizer e BioNTech, tamén anunciaron que acaban de pechar outro contrato co executivo comunitario para subministrar outros 200 millóns de doses suplementarias da súa vacina. Segundo recolle o acordo, 75 millóns deberán ser entregadas no segundo trimestre e o total ao longo deste ano.