CRTVG

Buscar

A UE pídelle explicacións a Bolivia pola expulsión dos diplomáticos españois

Publicado o 31/12/2019 19:48

A Unión Europea rexeita a decisión do goberno interino de Bolivia de expulsar dous diplomáticos españois. Nun comunicado di que se trata dunha medida extrema e inamistosa que debe reservarse para situacións de gravidade. Mostra a súa preocupación pola escalada de tensión diplomática e pídelle explicacións ao goberno interino de Bolivia. Expresa ademáis o seu desexo de que a situación se supere con celeridade e se restablezan as excelentes relacións de Bolivia con todos os estados membros da Unión Europea.

 

Noticias web

31/12/2019