A UE estuda crear un corredor humanitario en Afganistán
Os ministros de Exteriores europeos discuten como crear un corredor humanitario para Afganistán cun dobre obxectivo: sacar do país centos de colaborares e tamén defender os dereitos das mulleres, da infancia ou das minorías.
Europa atópase entre a espada e a parede en Afganistán. Debe negociar cos talibáns ese corredor humanitario, o que implica certo recoñecemento da milicia integrista, que humillou europeos e estadounidenses na retirada dese país e que chegou ao poder en Cabul rematando coa democracia implantada hai 20 anos.Os ministros de Exteriores europeos tamén discuten como reforzar as súas capacidades militares.
A UE depende dos Estados Unidos para crear una misión de evacuación conxunta a grande escala. O ministro de Exteriores español, José Manuel Albares, pide ambición aos socios comunitarios para axudar os antigos colaboradores afgáns.
"Agardo que sexamos capaces de dar unha resposta unitaria para a crise de Afganistán. Primeiro para evacuar os nosos colaboradores de Cabul tan pronto como sexa posible, toda esa xente que comparte os nosos valores e traballa con nós, aqueles que aínda están alí", di José Manuel Albares, ministro de Asuntos Exteriores.