CRTVG

Buscar

A UE anuncia a compra anticipada de 200 millóns de doses da vacina de Novavax

Publicado o 04/08/2021 21:17

A Unión Europea anuncia unha compra anticipada de 200 millóns de doses da vacina de Novavax. O contrato será efectivo cando o soro da farmacéutica estadounidense sexa aprobado pola Axencia Europea do Medicamento. Inclúe unha cláusula que lles permite aos estados membros mercar 100 millóns de doses adicionais nos próximos dous anos.

A vacina de Novavax estase producindo na planta que o grupo Zendal ten no Porriño.

Noticias web

04/08/2021