A UDEF pídelle ao xuíz que investigue contratos de cinco ministerios do Goberno de Aznar
Publicado o 30/11/2020 15:12

A Unidade Central de Delincuencia Económica e Fiscal pide que se investiguen contratos de cinco ministerios do último goberno de Aznar.
O informe policial tamén pon baixo a lupa outros organismos como o ADIF, Aena e Renfe. Cre que unha vintena de adxudicacións, por valor de 570 millóns de euros, poden ter relación coas doazóns dun construtor ao Partido Popular entre os anos 2002 e 2004.
A UDEF basea estas solicitudes nas declaracións do xuízo da Gürtel, en que o empresario Alfonso García Pozuelo recoñeceu o pagamento de comisións a cambio de adxudicacións.