CRTVG

Buscar

A TVG lidera as audiencias en Galicia, segundo o EXM

Publicado o 02/12/2020 10:27
A TVG lidera as audiencias en Galicia, segundo o EXM

A Televisión de Galicia lidera as audiencias na comundiade autónoma, segundo os datos do Estudo Xeral de Medios (EXM).

Na última ondada, a televisión púlbica galega lidera as audiencias en Galicia cunha cota do 14,5 % de luns a domingo e cun 14,9 % de luns a venres.

Os luns son os días con maior seguimento, cunha audiencia do 18,7 por cento. Destaca especialmente a faixa horaria comprendida entre as 13:30 e as 17:00, en que a cota media chega ao 24,7 %, máis de seis puntos e medio por riba do seguinte competidor.

Na faixa da noite, a TVG tamén lidera as audiencias cunha cota do 13,5 %, que supera en tres puntos a seguinte canle máis vista, cun valor de 13,5 % e superando en tres puntos de cota o seguinte competidor 

En comparación co mesmo período do ano pasado, a Galega mellorou a súa cota en 2,4 puntos de cota ou, o que é o mesmo, obtivo un incremento porcentual do 19,8 %.