CRTVG

Buscar

A TVG, líder de audiencia e líder entre as canles autonómicas

Publicado o 06/07/2021 15:19

A TVG segue a ser líder de audiencia en Galicia no conxunto da semana, segundo o último Estudo Xeral de Medios que coñecemos este martes. E faino tanto nesta segunda onda do EXM como no cómputo da temporada. En ambos períodos é a canle líder na comunidade cunha diferenza superior aos 2 puntos de cota con respecto do seguinte competidor.

Destaca moi especialmente a fortaleza da TVG na sobremesa, cunha cota media do 31% entre a unha e media e as 5 da tarde. Nesta franxa composta polo bloque informativo do ‘Galicia noticias’ e o ‘Telexornal mediodía’, seguidos do magazine da tarde ‘Quen anda aí’, a televisión pública galega case duplica ao seguinte competidor e triplica ao terceiro. O 'Telexornal Mediodía' ten unha media de máis do 50% por cento de audiencia en Galicia.

Nas mañás, o ‘Bos días’ e a ‘A revista’ tamén son líderes de audiencia, superando en case 6 puntos o inmediato competidor. No prime time a Televisión de Galicia amosa de novo a súa fortaleza e pasa a barreira dos dous díxitos o que a sitúa na segunda posición dunha franxa de competencia extrema. Ademais a television pública galega acada o liderado entre as canles autonómicas, empatada con TV3, cun 16% de cota no acumulado da temporada.



 

Noticias web

06/07/2021