CRTVG

Buscar

A TVG emitirá unha serie documental sobre Xela Arias

Publicado o 05/04/2021 17:13

A Real Academia Galega presentou esta mañá, na súa sede da Coruña, a programación audiovisual das Letras Galegas 2021, que están dedicadas a lembrar a poeta, escritora e tradutora Xela Arias.

No acto participaron o presidente en funcións da institución, a guionista da serie documental 'A palabra esgazada', primeira que se realiza sobre unha figura das letras galegas, e o fillo da escritora.

A obra de Xela Arias contribuíu á renovación da poesía galega, con novos temas e un estilo persoal e vangardista, comprometido co seu tempo. Segundo adiantou o presidente en funcións da RAG, Henrique Monteagudo, a serie documental constará de 6 capítulos que emitirá a Televisión de Galicia.

Noticias web

05/04/2021