A TVG emite un programa especial para seguir os resultados electorais en Madrid
Publicado o 03/05/2021 16:10

A información da xornada electoral en Madrid poderase seguir a través das pantallas da TVG. Ás oito menos dez da tarde teremos un espazo informativo, presentado por Carlos Amado.
Ofrecerá a enquisa exclusiva elaborada para as televisións públicas e tamén conexións co centro de datos en Madrid, escrutinio en tempo real, convidados no estudio e entrevistas para analizar todos os datos. A información seguirá no Telexornal serán.