CRTVG

Buscar

A TVG é a primeira autonómica de España en lanzar a súa emisión ininterrompida en YouTube

Publicado o 10/05/2021 21:36

A CRTVG comezou este luns a emisión en directo do seu sinal internacional a través de YouTube, converténdose na primeira canle autonómica de España en facelo. 

Con esta medida, a Televisión de Galicia busca impulsar a creación de contidos en canles dixitais co obxectivo de mellorar a experiencia de consumo dos usuarios, así como a difusión da lingua e cultura galegas. A través da canle de Youtube, calquera persoa poderá acceder ao sinal, que estará en emisión as 24 horas os 7 días da semana.

A canle conta tamén con contidos orixinais, como os proxectos #MenosDunMinuto ou #DígochoEu, nacidos no entorno dixital. Así mesmo, inclúense vídeos con momentos dalgúns programas da casa, como 'Luar' ou 'Land Rober Tunai Show'.