A TVG, a primeira televisión pública en retransmitir en directo en 5G
Publicado o 23/07/2021 17:13
A Televisión de Galicia fixo historia tras realizar unha conexión en directo no Telexornal Mediodía deste venres. A conexión que se realizou dende o Monte Gozo en Santiago fíxose empregando a tecnoloxía 5G, o que acaba de converter a TVG na primeira televisión pública española en levar a cabo unha retransmisión en directo empregando esta tecnoloxía moderna.
A cámara que empregaron para gravar está conectada co 5G a través da rede de Telefónica, o que permite chegar aos seus fogares con máis calidade. A compañía de telecomunicacións e a TVG traballaron durante un ano para conseguir que se chegue ás súas pantallas a través desta tecnoloxía pioneira.