CRTVG

Buscar

A treboada tropical Elsa chega hoxe a Cuba

Publicado o 04/07/2021 00:24
A treboada tropical Elsa chega hoxe a Cuba

A treboada tropical Elsa chega a Cuba

 A Defensa Civil de Cuba decretou a fase de alarma para todo o oriente da illa ante o inminente impacto da treboada tropical Elsa, que debe tocar terra este domingo. Mentres, nas rexións nas que se decretou a alerta están a preparar a evacuación das persoas que viven en lugares de risco.
As autoridades cubanas fixeron un chamado aos cidadáns para que segan as recomendacións a fin de evitar mortes e minimizar os danos materiais. Elsa degradouse a treboada tropical. É o primeiro furacán do ano, con ventos máximos sostidos de 110 quilómetros por hora.