CRTVG

Buscar

Ourense segue en alerta tras outra xornada de danos pola treboada

Publicado o 17/06/2021 14:37

A auga baixaba con forza polas rúas de Ourense. Caeron 22 litros en tan só 20 minutos e estas son as consecuencias. Hoxe toca pechar e facer balance de danos, algúns buscando xa un novo local como Guillermo que acababa de abrir o negocio hai pouco máis dun mes. Din que nesta zona é habitual que colapse a rede de sumidoiros cando chove moito, pero que desta volta foi algo excepcional.

Un susto que se estendeu a outras moitas zonas da cidade. Esta era a situación na avenida de Zamora, a auga chegaba ata os xeonllos, tamén na rúa Serra Martiñá, onde varios coches quedaron atascados. Neste colexio da zona das Lagoas tiveron que suspender as clases ata que se amañen os danos. Hai outros tres centros educativos da cidade afectados aínda que o que rexistra os danos máis graves é este.

Os bombeiros recibiron máis de 130 chamadas en tan só unha hora. Ourense segue hoxe en aviso amarelo por intensa chuvia.

Noticias web

17/06/2021