CRTVG

Buscar

A treboada asolaga baixos e garaxes en Manzaneda

Publicado o 16/06/2021 21:01

En cuestión de minutos, todo o que había no interior deste garaxe de Manzaneda quedou anegado.

"Coches, debe haber dous aí dentro. E tiñamos un local de ensaio dun grupo: batería, amplificadores, instrumentos...", relata o propietario.

Non foi o único. Varios sotos e incluso baixos da localidade correron a mesma sorte.

"Empezou sobre as cinco, pero intenso, e inundáronse os baixos" "Eu baixei pola escaleira e tiven que bucear case para saír", din dous afectados.

Foi unha tromba de auga de tal intesidade que sorprendeu os propios veciños deste Macizo Central, afeitos ás inclemencias do tempo.

"Empezou a chover moitísimo e estivo case unha hora chovendo seguido", explica un veciño.

Empezou a tronar pasadas as catro da tarde. A treboada veu acompañada de moita chuvia.

Os sumidoiros rebordaron e os regatos, coma este, tamén. Bombeiros, protección civil e os propios veciños pasaron a tarde achicando auga.

Amable Fernández, alcalde de Manzaneda: "Agora vou subir a unha carpintería que tamén está inundada, co coche de bombeiros para desaugar".

Limpan coa ollada posta nas nubes, que seguen ameazando chuvia.

Noticias web

16/06/2021