CRTVG

Buscar

A terra treme en Granada: un dos terremotos foi de 4,1 graos e sentiuse en cinco provinciais

Publicado o 13/08/2021 15:36

Vaia noite pasaron en varios puntos de Andalucía: houbo dous tremores de terra de magnitude 4,1 e 3,1 na escala de Richter rexistráronse que se sentiron en cinco provincias, sobre todo na de Granada. Apenas produciron danos, pero quitáronlles o sono a centos de veciños, que encheron de chamadas os servizos de emerxencias.

Os tremores tiveron o seu epicentro en Cijuela ás 11 e 25 da noite, onde se produciu o máis forte, de magnitude 4,5 na escala de Richter; e dous minutos despois en Santa Fe, de magnitude 3,1 onde caeu un muro nunha casa abandonada.

Non hai constancia de danos persoais. Os servizos de emerxencias recibiron un centenar de chamadas.

Os tremores sentíronse nas provincias de Xaén, Sevilla, Málaga e Córdoba. Foron os maiores tremores dende o ano 86. Pola mañá outros seis sismos que non superaron a magnitude de 2,5 sentíronse noutras localidades granadinas.

Noticias web

13/08/2021